Skip to Content

O Autobús

Autobús Galicia Digital

Interdix Galicia, S.L. ademais da plataforma de portais temáticos en Internet "GaliciaDigital.com" dispón dun AUTOBÚS ADAPTADO PARA USO COMO AULA DE ENSINANZA, que pode funcionar como AULA VIRTUAL ITINERANTE, CIBER, SALA DE PROXECCIÓN, SALA DE AUDICIÓN, SALA DE XOGOS, etc. en calquera lugar da xeografía galega, independentemente das características e servizos existentes no mesmo.

Esta AULA VIRTUAL ITINERANTE está instalada nun vehículo Pegaso, matrícula 8152-BGN, de 12 m. de lonxitude, 3,80 de altura e 2,5 m. de ancho.

 

O Bus Virtual dispón de:

  • Xerador eléctrico para abastecemento de equipos informáticos, iluminación e aire acondicionado.
  • 2 SAI (Servizo de alimentación ininterrompida) para protección dos equipos informáticos.
  • Aire acondicionado, con bomba de calor de 3.350 W.
  • Equipo de Son: Micrófono sen fíos para Monitor+Música ambiental.
  • Equipo de música independente para o exterior.
  • Conexión con Internet vía satélite ou RDSI.
  • 10 ordenadores Mac (20 prazas).
  • 1 ordenador PC Server.
  • 11 ordenadores para regulación do sistema.Imac
  • 2 prazas de asentos para monitores.

Pode, así mesmo, contar con:

  • Proxector de video
  • Pantalla de 1,5 X 1,5

 

O chan e as paredes están especialmente preparados para crear no interior un ambiente agradable e recollido.

 

Interior Bus Galicia Digital

Cada ordenador vai apoiado nunha estrutura de ferro e madeira, deseñada de forma que ademais de cumprir tal función serve como base de asento para outro posto, cun excelente resultado estético.

A empresa ten contratados seguros para o desprazamento do bus e de responsabilidade civil para calquera imprevisto que puidese afectar aos usuarios.

Dotación persoal: 1 condutor e 1 monitor

O bus rotúlase de forma especial para cada campaña cos logotipos da institución ou organismo que corresponda, e a lenda que identifique á campaña.

No seu exterior, e tendo en conta tanto os rigores do verán coma do inverno, o autobús está dotado de dous toldos para protexer do sol e da auga ás persoas que nas inmediacións teñan que esperar para acceder ao interior.